PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Pontevedra súmase un ano máis á celebración da Semana da Ciencia coa representación este venres, día 14 de novembro, dun espectáculo de Cabaré Científico no Teatro Principal, ás 20:30 horas. A Semana da Ciencia, que se celebra do 10 ao 23 deste mes, constitúe a cita anual de referencia no ámbito europeo para achegar a ciencia e a tecnoloxía máis divulgativa á sociedade. En Galiza a Semana da Ciencia está coordinada pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de I+D+i, en colaboración con FECYT, Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología do Ministerio de Ciencia e Innovación, que coordina o evento no ámbito estatal. Na cidade de Pontevedra, conta coa colaboración do Concello.
Cada ano a Consellaría de Innovación e Industria, ademais de coordinar este evento organiza directamente unha actividade de divulgación da ciencia e a I+D+i. En 2007, a actividade elixida foi o teatro científico, que culminou coa realización e representación da obra para nenos "Alá no fondo hai sitio abondo: unha aproximación á nanotecnoloxía". Seguindo coa liña de procurar novos espazos físicos e novas formas de divulgar a ciencia, este ano I+D+i presenta o Cabaré Científico “SOS Planeta Terra”. Unha iniciativa que se pon en marcha en colaboración coa Fundación para el Fomento en Asturias de la Investigación Científica Aplicada y la Tecnología (FICYT) e co cofinanciamento de FECYT.
Música, maxia, teatro
O espectáculo consiste nunha representación escénica que combina varias expresións artísticas arredor do tema da ciencia e que vai destinada a un público adulto. Este Cabaré baséase nun formato que desenvolve en Galiza desde 1992 a compañía Chévere: a Ultranoite. Trátase dun espectáculo híbrido no que participan artistas de diversas disciplinas: teatro, música, danza, maxia, malabares, vídeo... facendo todo tipo de números sobre o tema proposto, neste caso as Ciencias da Terra xa que 2008 foi declarado Ano Internacional do Planeta Terra pola Unesco. A partir de aí sucederanse sobre o escenario todo tipo de números musicais e teatrais que utilizan a maxia, o circo, o mimo, a palabra e, sobre todo, o humor, a parodia e a irreverencia para comunicar ao público unha serie de temas con trasfondo científico que afectan á saúde do Planeta, para ben e para mal: o quecemento global, a reciclaxe, as enerxías renovables, o cambio climático, a biorremediación, a escaseza de auga, a pegada ecolóxica, a biocapacidade, etc.
O elenco estará formado por Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo, Xron, Arantza Villar, Clara Gayo, Pepa Yáñez, Iria Pinheiro, Pablo Trasno, Fredi, Mago Romarís, Duelirium (Raquel, Merche), César Goldi; polos músicos Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Max Gómez (batería), Manuel Cebrián (violín, guitarra) e os vídeos de José Luis Sierra Pilo.
A iniciativa do Cabaré Científico tivo unha primeira fase en outubro coa celebración dun Obradoiro de Cabaré na Sala Nasa de Santiago, na que artistas e científicos puxeron en común as súas ideas sobre como difundir mellor a ciencia. A segunda parte do Cabaré, a xira comezou na Sala Nasa de Santiago os días 6, 7 e 8 de novembro, onde acadou cheo de público nas tres representación. Despois de ser representada no Teatro Principal de Pontevedra a xira continuará o día 15 no Auditorio de Ourense; o 29 no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol e o 5 decembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. A xira terá a súa continuidade en Asturias con representacións en Avilés (día 19); Cangas del Narcea (día 20); Gijón (día 26) e Oviedo (día 27).