O GROVE / PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), levou a cabo, na fin de semana, a solta de 4.000 alevíns de rodaballo, no marco do Plan de Repoboación de Especies Mariñas, posto en marcha pola Administración pesqueira galega no ano 2005 co obxectivo de acadar a recuperación de stocks de especies de elevado valor comercial. Con esta actuación, ascenden a 33.000 os xuvenís desta especie liberados no conxunto do litoral galego, que se suman a 9.000 exemplares de lumbrigante introducidos no medio natural dende o ano pasado.
Os alevíns foron liberados polos técnicos do Igafa en dúas praias do Concello do Grove, concretamente nas de Mexilloeira e O Carreiro, e cabe destacar que nesta ocasión se trata de unidades de tallas diferentes co fin de avaliar o tamaño óptimo para a solta. Así, a metade dos rodaballos teñen un peso medio de 30 gramos e aproximadamente catro meses de vida, mentres que os 2.000 restantes contan cun peso medio de 70 gramos e arredor de sete meses.
Estes exemplares introducidos no medio natural son sometidos, antes da súa solta, a estritos controis microbiolóxicos e patolóxicos por parte de técnicos e biólogos do Igafa coa finalidade de garantir as súas condicións sanitarias e para evitar pragas e contaxios indesexados.