MARIN (MORRAZO-tribuna).- Foi aquí, no Museo Municipal Manuel Torres, na avda. Ourense 3, onde a delegada provincial de Cultura e Deporte en Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, acodiu para a presentación da V Mostra de Cuartetos tradicionais, unha iniciativa que busca potenciar os cuartetos tradicionaisf ormados por dúas gaitas, tambor e bombo. Marin xa leva tempo traballando neste eido e con esta quinta edición consolida un esforzo cultural notable e con froitos que á vista están.