12 noviembre 2008

MOAÑA BENEFICIASE, INNOVACIÓN E INDUSTRIA DESTINA MÁIS DE 2,3 MILLÓNS DE EUROS AOS MUNICIPIOS GALEGOS PARA DESENVOLVER O PROGRAMA “CONCELLOS DIXITAIS”

MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- A Consellaría de Innovación e Industria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas destinadas aos concellos galegos para o desenvolvemento do programa Concellos Dixitais 2008-2009, no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) e do Plan Avanza. En total son 75 concellos os beneficiados para desenvolver 80 proxectos que van dende a posta en marcha de plans directores da sociedade da información ou TIC, até proxectos de servizos e aplicacións de administración electrónica e servizos municipais dirixidos aos cidadáns e empresas, creación de xestores de contidos, implantación de plataformas de e-servizos ou aplicacións de promoción turística ou de actividades turístico-culturais, entre outros.
O importe global de subvención concedido alcanza os 2.349.491,05 euros sobre un investimento total de 3.544.058,21 euros. Destas axudas un total de 813.782,99 euros corresponden a concellos de menos de 5.000 habitantes; 772.270,06 euros a concellos de entre 5.000 e 10.000 habitantes; 527.376,50 euros a concellos de entre 10.001 e 35.000 habitantes; e 236.061,50 euros a concellos de máis de 35.000 habitantes.
Os municipios beneficiados son: Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ferrol, Tui, Fene, Gondomar, Bueu, Boiro, Marín, Moaña, A Guarda, Tomiño, Ribeira, Sada, Poio, Cambre, A Laracha, Silleda, Mugardos, Ortigueira, Barbadás, Valdoviño, Foz, Cerceda, O Rosal, Rois, Soutomaior, Salceda de Caselas, Cuntis, Oroso, Castro de Rei, A Cañiza, Carral, Abegondo, Ribadavia, Burela, Pontedeume, Ponteceso, Valga, Miño, Mondariz, Forcarei, Dozón, Láncara, Becerreá, Covelo, Vilasantar, Xove, Arbo, Aranga, Carballedo, Cotobade, Esgos, Parada de Sil, Petín, Cabanas, Dodro, Campo Lameiro, Larouco, Oza dos Ríos, Riotorto, Crecente, Curtis, Ribadumia, Castrelo de Miño, Vilardevós, Laxe, Vilar de Santos, A Baña, Cortegada, Lousame, San Sadurniño, Castro Caldelas e Cervo.