21 diciembre 2008

Renfe reconoce -pese a su mal servicio con Galicia- que sus trenes de largo recorrido van atiborrados en Navidad

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Renfe vén de ofrecer ao portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, os dados de ocupación dos trens de longo percorrido a/desde Galiza en periodos vacacionais e que indican porcentaxes de ocupación superiores ao 100%, o que pón de manifesto a saturación existente nestas conexións nesas épocas.

Esa é precisamente a razón pola que o deputado do BNG se dirixía ao Goberno para demandarlle que en periodos de vacacións, no verán e en Nadal, se reforcen as liñas de longo percorrido galegas. Lembraba na súa iniciativa o deputado nacionalista, que cando se apoximan periodos de vacacións como en agosto ou en Nadal, os viaxeiros que desexan viaxar a Galiza desde Madrid ou Barcelona, “atópanse con moitas dificuldades para atopar un billete de tren”.

O aumento da demanda debería ser compensado por Renfe

Jorquera sinalaba que o “previsíbel aumento de demanda nunca se ve compensado por Renfe cun incremento da oferta, de modo que se soe producir un colapso nas venda de billetes”. O deputado pedía á compañía que actúe con suficiente antelación e oferte máis prazas . Precisamente, neste sentido, salientaba o deputado nacionalista que “Galiza está entre as CC.AA que conta con menos servizos ferroviarios de longo percorrido”. E pedía un reforzo do número de vagóns ou dos servizos.

Dados que amosan o alto nivel de ocupación das liñas

Renfe aporta na súa resposta os dados correspondentes á ocupación nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano, e do Nadal do pasado e presente ano. Dados que demostran as altas porcentaxes de ocupación que en casos como no mes de xullo deste ano chegan ao 193%, 130% ou 103%. Situación que tamén se pode ver respeito ao mes de agosto. E que se reitera no relativo ao Nadal con taxas de ocupación do 146%, 139% ou 101%.

Son dados relevantes aínda que Renfe matice na resposta que as porcentaxes superiores ao 100% se deben a viaxeiros que ocupan o mesmo asiento por baixar e subir noutras paradas.

Recoñece a compañía a alta demanda e admite as deficiencias xa que “os reforzos chegan ao límite das posibilidades, tanto no material como en capacidade de infraestrutura”. E limítase a salientar os cambios efectuados no Alvia Barcelona-Vigo, no Estrella Madrid-Ferrol por Trenhotel, e a “próxima modernización do servizo nocturno Estrella Barcelona-Galiza”.