27 marzo 2009

Buscan la declaración de espacios de interés local
para dos zonas de Mondariz

OS ECOLOXISTAS PRESENTARÁN UNHA PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PARA QUE SE APOIE A DECLARACIÓN DE COTODEIRA E DA CARBALLEIRA DE FESTÍN, EN MONDARIZ, COMO ESPAZO DE INTERESE LOCAL
Adenco participa na Asemblea anual da Federación Ecoloxista Galega

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- A Organización ecoloxista Adenco participará mañá na cidade da Coruña na Asemblea anual da Federación Ecoloxista Galega, da que forma parte desde a constitución da Federación.

Durante a reunión, que se celebrará durante todo o sábado na cidade da Coruña, debatiranse os informes presentados pola Comisión Permanente en relación á organización, ás actividades e ao balanzo económico.

A xornada dará comezo cunha charla sobre especies exóticas e invasoras a cargo de Jaime Fagúndez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e autor do libro “Plantas invasoras de Galicia”. Realizar unha análise sobre algunhas especies de plantas invasoras será unha cuestión que se intentará abordar no plano de traballo para o 2009-2010.

Ademais de tratar outras cuestións internas e de aprobar o plan de traballo de cara ao futuro, durante a Asemblea debatiranse as diferentes propostas de resolución que presenten os grupos.

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PARA DECLARAR ESPAZO DE INTERESE LOCAL COTODEIRA E A CARBALLEIRA DE FESTÍN
Adenco presentará na Asemblea anual da FEG unha proposta de resolución para que se apoie a declaración de Espazo de Interese Local de Cotodeira e da Carballeira de Festín, en Mondariz.

Esta figura legal está recollida no ordenamento xurídico galego e permitiría dárlle a protección que se merece a un espazo natural de destacada importancia no Condado, lugar no que aínda se pode desfrutar de especies en clara recesión, como o lobo.

A proposta reclámalle ao Concello de Mondariz un maior esforzo en facer posible esta declaración, como mostra evidente de compromiso real cos espazos naturais do Concello.