25 marzo 2009

A Guarda : el Gobierno Municipal anuncia que sigue con obras de mejora de servicios en las calles

Remataron as obras de urbanización e mellora dos servicios nas rúas 2º e 4º Transversal Coruto Vello.

A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- As obras dotadas cun orzamento de máis de cen mil euros consistiron en dotalas de todos os servicios, rede de pluvías, telefónica,alumeado , abastecemento de auga e reposición do firme na súa totalidade.
Igualmente elimináronse dous puntos de estreitamento nas citadas rúas onde o paso de vehículos era moi dificultoso.
A dotación da rede de pluviais nestas rúas posibilitou a súa conexión coa que se instalou fai uns meses nas rúas Portela e Coruto Vello-San Roque,reducindo deste xeito o caudal de auga que entra na depuradora e polo tanto o gasto de depuración.
O Grupo de goberno ten previsto para este ano varias actuacións en distintos barrios e rúas do concello con este mesmo fin polo que, aproveitamos para pedir desculpas anticipadamente polas molestias que con seguridade vamos a ocasionar ós veciños.