25 marzo 2009

Mos : contratan a un profesional para que alegre la Vida a los vecinos y funcionarios durante meses

A Alcaldesa e a edil de Cultura presentaron hoxe o programa ‘Mos Alegre’, un plan pioneiro en España e coordinado para incentivar o optimismo no municipio
A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sandra Temes e o humorista Popín Maguna presentaron esta mañán en rolda de prensa o novo plan municipal, ‘Mos Alegre’. Trátase dun programa co que se persegue, segundo declarou a rexedora local, incentivar o espíritu de optimismo no Concello.

MOS (MORRAZO-tribuna) .- Deste xeito, e coa posta en marcha desta iniciativa pioneira, Mos convertirase no primeiro municipio de España en por en marcha un plan conxunto e coordinado para conseguir que os seus veciños e veciñas vivan máis alegres e contentos. Así o explicou a edil de Cultura, quen declarou neste senso que “queremos encher de ledicia o noso Concello e para iso hoxe presentámosvos a primeira fase deste programa que se iniciará inminentemente, o vindeiro venres 27 de Marzo, coa actuación no centro Multiusos das Pozas ás 22.00 horas de Robert Bodegas, famoso monologuista gañador de El Rey de la Comedia e colaborador do programa de televisión, Sé lo que hicisteis; e de Gossip Bufón, personaxe interpretado por Popín Maguna, creador da idea orixinal de 'Mos Alegre'”.

Nesta primeira fase que se prolongará durante seis meses levarase a cabo, ademais do espectáculo anteriormente mencionado no que a entrada será totalmete libre e gratuíta ata completar o aforo do Multiusos, formación de humor antiestrés para tódolos traballadores do Concello que así o desexen, mediante o coñecemento dos beneficios palpables do sorriso, o optimismo e o bo humor.

Temes agradeceulle tamén a Popín durante a rolda de prensa que tivese a idea orixinal deste programa e decidise compartila co Concello de Mos, ó que o humorista respostou que “é un verdadeiro pracer traballar para que os e as mosenses vivan moito máis contentos, xa que ademais da optimización dos servicios municipais tamén é moi importante mellorar a actitude da población ante a vida e incentivar nela o optimismo”.

Outras actividades

A Alcaldesa aproveitou a rolda de prensa desta mañán para lembrar outras actividades organizadas dende o Concello nas que o Paiaso Popín se encargará da animación. Tal é o caso da xornada de lecer prevista para o vindeiro domingo, día 29 de Marzo, que terá lugar no parque da Pesqueira, na Gándara-Mos, para celebrar a súa recente inauguración. Ó longo do día haberá no recinto xogos hinchables para os máis pequenos e realizaranse as tradicioñais ‘cucañas’, entre outros pasatempos. Popín ofrecerá o seu espectáculo a partires das 12.00 horas do mediodía.