13 abril 2009

Ana Miranda (de Cuntis), candidata
del BNG a eurodiputada

A EXECUTIVA NACIONAL PROPÓN A ANA MIRANDA COMO CABEZA DE LISTA DO BNG AO PARLAMENTO EUROPEO

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Executiva Nacional do BNG acordou esta tarde propor a Ana Miranda como cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento europeo nas eleccións que se irán celebrar o vindeiro 7 de xuño e nas que a formación nacionalista concorrirá coaligada con ERC, Aralar e EA.

Ana Miranda, avogada especializada en Dereito Comunitario e Internacional, con estudos na Universidade de Lovaina, é a actual portavoz do BNG perante o Parlamento europeu e vicepresidenta do Partido dos Pobos de Europa-Alianza Libre Europea.

Nada en Cuntis hai 37 anos, entre setembro de 1999 e xuño de 2004 foi responsábel técnica e asistente parlamentar do eurodeputado do BNG Camilo Nogueira. É membro do Consello Nacional e responsábel da súa Comisión Nacional de Migración.

Ana Miranda e Xavier Vence eran as propostas maioritarias xurdidas das diferentes asembleas comarcais do BNG. A Executiva Nacional tomou o acordo de propor a Ana Miranda logo de coñecer a vontade de Xavier Vence de non postularse como candidato.

Esta proposta da Executiva será submetida a debate e consideración das asembleas comarcais do BNG o próximo día 18 e, posteriormente, o sábado día 25, deberá ser avaliada polo Consello Nacional, o órgao facultado para aprobar as listas da formación nacionalista.