O CONGRESO DEBATIRÁ MAÑÁ UNHA PROPOSICIÓN DO BNG PARA QUE SE APROBEN AXUDAS A MARIÑEIROS E ARMADORES DO GRAN SOL AFECTADOS POLO AMARRE FORZOSO DE TRES MESES
Davila tamén demanda ao Goberno que o pago das axudas se faga nos periodos nos que se realizan os paros
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Comisión de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño do Congreso dos Deputados debatirá mañá, martes 14 abril, unha proposición non de lei da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, na que insta ao Goberno a aprobar axudas económicas aos armadores e mariñeiros que faenan no Gran Sol, afectados pola decisión do Ministerio de realizar amarres forzosos de tres meses de duración.
Nesta iniciativa parlamentar, a deputada do BNG tamén empraza ao Executivo a que as axudas se paguen nos periodos nos que se fan os paros a fin de facilitar un sustento económico aos afectados.
Lembra a parlamentar nacionalista que o Goberno español aprobou, en novembro pasado, a Orde ARM/3423/2008 pola que se fixe para 2008 e 2009 un cese temporal da actividade pesqueira dos buques que operan dentro dos límites xeográficos da Comisión de Pesca do Atlántico Nordeste. “Deste xeito, obrígase á frota do Gran Sol a realizar amarres temporais de tres meses de duración.
Esta proposición non de lei será debatida mañá a partir das 12.00 horas na Comisión mencionada.