A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- Emotivo acto o previsto para este domingo na Guarda : este 19 de abril -como lembrou onte o alcalde Domínguez Freitas- "celebramos no Centro Cultural, ás 12,30 horas da mañá, un acto cívico de homenaxe ós/ás 72 guardeses e guardesas que tiñeron a honra de formar parte das distintas corporacións democráticas dende o ano 1979".
Este acto coincide co 30 aniversario das eleccións democráticas municipais. O día 19 de abril de 1979, xustamente, tomaba posesión aquela primeira corporación democrática na vila da Guarda. Este domingo terá a homenaxe que ben merece.