Jorquera e Pérez Bouza queren que José Blanco compareza no Congreso e no Senado para explicar o futuro das infraestruturas galegas
O BNG SOLICITA A COMPARECENCIA DO MINISTRO DE FOMENTO PARA QUE INFORME DAS PREVISIÓNS PARA AS PRINCIPAIS INFRAESTRUTURAS A DESENVOLVER NA GALIZA
Davila solicitou a comparecencia da nova titular de Sanidade para que informe sobre o desenvolvemento da Lei de Dependencia e do Ministro de Educación polo proceso de Bolonia
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, e o senador nacionalista, Xosé Manuel Pérez Bouza, solicitaron a comparecencia do novo Ministro de Fomento, José Blanco, tanto na Cámara Baixa como na Cámara Alta, para que informe sobre as previsións a respeito da execución das principais infraestruturas que afectan a Galiza.
Os dous parlamentares do BNG queren que José Blanco explique cal vai ser a planificación en relación ás infraestruturas galegas.
Tamén Sanidade pola Lei de Dependencia e Educación polo proceso de Bolonia
Ademáis, a deputada nacionalista, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia da nova titular de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez, para que informe sobre as políticas a desenvolver para a posta en marcha da Lei de Dependencia. Por último, tamén pediu a comparecencia do novo Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, para que explique as medidas a adoptar para o proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, coñecido como proceso de Bolonia.