D. JOSE MANUEL DOMINGUEZ FREITAS, Alcalde Presidente do Concello de A Guarda,
FAI SABER:
Que con motivo da conexión das novas instalacións do depósito para o abastecemento de auga á rede de distribución de A Guarda, pomos en xeral coñecemento que o vindeiro día 14 de abril, ás 22 horas (10 da noite), producirase un corte no suministro de auga ás vivendas, que previsiblemente, salvo forza maior, durará aproximadamente ata as 12 horas do día 15 de abril.
Agradecemos a comprensión de todos ante esta situación necesaria para un mellor servicio.
A Guarda 13 de abril de 2009.