19 abril 2009

Los nacionalistas no dan tregua en Ponteareas al gobierno de González Solla

Galiza Nova solicítalle ao Concello de Ponteareas copia do “plan de mellora de infraestructuras deportivas”
ADEMAIS, FELICITA AO CONCELLO POLO ARRANXO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA FREIXA, UN ANO DESPOIS DE TELO DENUNCIADO

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- Organización Xuvenil do BNG en Ponteareas, quere felicitar publicamente ao Concello de Ponteareas polo arranxo que se vén de producir nas instalacións deportivas da Freixa, despois de que se cumprise un ano desde que este colectivo denunciase esta situación.

“Despois dun ano, o Concello vanagloriase de colocar unhas redes e pintar un pista na Freixa. Ao mesmo tempo, outras instalacións deportivas, como as do Parque das Pombas están nunha situación lamentable, sen mencionar xa a carencia de instalacións dignas no resto de parroquias”, indicou Yanara Porto.

Galiza Nova de Ponteareas solicitou tamén, a través do Rexistro do Concello, copia do que desde o Concello se denominou “Plan de Mellora de infraestructuras deportivas”. A organización quere coñecer este plan, cos obxectivos, propostas e a periodificación do mesmo.

Con esta iniciativa, Galiza Nova quere chamar a atención á sociedade de Ponteareas sobre a carencia de espazos reais para a realización de deporte na Vila e o abandono e estado de deterioro no que se atopan os existentes, sen plan algún de conservación coñecido, ademais de denunciar a presenza case única de espazos destinados ao deporte de pelota, esquecendo deportes que contan con seguidores na vila a nivel afeccionado.