El Concello de Moaña elevou a público esta fin de semana o escrito entregado ós vendedores ambulantes que asisten o mercadillo ambulante de Moaña e que se celebra os mercores e sabados.
Como se pode ver, o Concello inicia un proceso de regularización do mesmo, toda vez que non se espera a curto prazo un cambio na lexislación que lle de cobertura a actividade comercial que desempeñan as Cooperativas.
Unha vez que o Concello entende que este será un proceso que se levara a cabo en toda Galicia, invita a aqueles que non conten con toda a documentación a que a obteñan canto antes. O sitio que ocupan no mercadillo está asegurado para todos aqueles que cumpran coa ordenanza municipal.
Entre o pasado mercores e hoxe sábado, entregouse ós vendedores o escrito, copia da ordenanza e unha solicitude para a obtención da licencia municipal.
MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- Este é o escrito entregado polo Concello de Moaña
Sr/Sra:
Achego a este escrito a Ordenanza Municipal da venda ambulante do Concello de Moaña, aprobada no pleno do pasado día 4 de decembro do ano 2003 e publicada no Boletín Oficial de Pontevedra número 244 do xoves 18 de decembro do ano 2003.
Na ordenanza recollense tódalas aquelas obrigas que emanan do Decreto 194/2001, de 26 de xullo de ordenación da venda ambulante, en especial as referidas a ..
Decreto 194/2001, do 26 de xullo, de ordenación da venda ambulante.
Capítulo III.Requisitos para o exercicio da venda ambulante.
Artigo 10º.-Requisitos para o exercicio da venda ambulante.
b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e ó corrente no pagamento das cotizacións en tal réxime.
c) Estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia e dispoñer do correspondente documento acreditativo.
En consecuencia, o concello de Moaña inicia de forma inmediata un proceso de regularización da actividade que se leva a cabo no mercadillo.
O calendario das actuacións será o seguinte.
O sábado 11 de abril trasladarase esta información os vendedores ambulantes que ata este momento viñan levando a cabo a súa actividade no mercadillo. Acompañarase a circular copia da ordenanza e un exemplar da solicitude para a licencia de venda ambulante no mercadillo de Moaña
Durante este segundo trimestre solo se atenderan solicitudes dos profesionais que xa veñen realizando venda no mercadillo
Durante os meses de abril e maio, darase entrada no rexistro do Concello das solicitudes debidamente cumprimentadas.
No mes de xuño, o concello resolverá as solicitudes recibidas. O Concello mantera o posto que ocupan actualmente aqueles vendedores ambulantes que cumplan con todos os requisitos da ordenanza.
Entendemos que os meses de abril e maio son suficientes para a obtención da documentanción da que puderan carecer os profesionales que levan a cabo a súa actividade no mercadillo de Moaña. Teño a seguridade de que este proceso REGULADOR da actividade comercial nos mercadillos e xa IRREVERSIBLE en todo o territorio da Comunidade Autonoma, xa que o borrador da nova lei de comercio que deixa preparado a xunta sainte manten nos mesmos termos os requisitos para a venda ambulante. Non quero xa valorar os prazos que se manexarán no caso de que a nova Xunta decida iniciar unha nova redacción da lei do comercio de Galicia partindo dende cero.
No mercadillo do sábado 4 de xullo solo poderan montar os postos aqueles profesionais que conten coa correspondente licencia municipal.
A partir do mes de outubro de 2009, aplicarase o procedemento contemplado na ordenanza para asignar os postos que puderan resultar vacantes no mercadillo.
Espero contar con toda a súa colaboración. Saúdos.
En Moaña, a 11 de abril de 2009