13 abril 2009

Se van sabiendo cosas : el afamado Pedro Puy no será conselleiro con el PP pero si parlamentario destacado...

Mantén a tradición e reserva a Presidencia da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Presupostos, aos grupos da oposición na Cámara

O GRUPO POPULAR DESIGNA AO PRESIDENTES DAS COMISIÓNS DO PARLAMENTO E DECÁNTASE POR PERSOAS CON ACREDITADA EXPERIENCIA PARLAMENTARIA

Todos os presidentes de Comisión teñen experiencia parlamentaria, mentres que para as vicepresidencias se optou por deputados novos, nunha estratexia encamiñada a crear canteira no Grupo Popular

O PPdeG segue apostando pola democracia interna, polo que antes de asignar as comisións, pediu aos seus deputados que expresasen as súas preferencias


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruiz Rivas, rexistrou esta mañá na Cámara autonómica o documento no que fixa os representantes do PPdeG en cada unha das comisións que funcionan no Parlamento de Galicia.

A tal efecto, o PPdeG elixiou para a Presidencia das Comisións a deputados con acreditada experiencia parlamentaria, tanto na Cámara galega, como no Congreso dos Deputados (caso de Raquel Arias) ou no Parlamento Europeo (Daniel Varela). Pola súa banda, a Vicepresidencia das Comisións recae sobre deputados que nesta lexislatura se incorporan por vez primeira á Mesa das Comisións do Parlamento de Galicia nunha estratexia predefinida e encamiñada a crear canteira nas filas do Grupo Popular, segundo explica Ruiz Rivas.

Así a Presidencia da Comisión 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior recae no deputado Agustín Baamonde Díaz, mentres que a Presidencia da Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos será desempeñada por Daniel Varela Suanzes-Carpegna.

No que respecta á Presidencia da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, o PPdeG optou por manter a tradición e reservar este cargo para a oposición parlamentaria, que deberá designar á persoa elixida. Á oposición corresponderalle tamén a Secretaría das distintas comisións, agás a da 3ª.

A Presidencia da Comisión 4ª, de Educación e Cultura, recae sobre Susana López Abella, mentres que a Presidencia da Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego será responsabilidade de Miguel Santalices Vieira.

O deputado Alberto Sueiro Pastoriza será o presidente da Comisión 6ª, de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, ao tempo que a Raquel Arias Rodríguez corresponderá presidir a Comisión 7ª, de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes.

Durante a VIII Lexislatura, Marta Rodríguez Arias presidirá a Comisión 8ª, de Pesca e Marisqueo, ao tempo que Ignacio López-Chaves Castro ostentará a Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa de control da CRTVG.

A Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas corresponderá a Pedro Puy Fraga; e Beatriz Mato Otero responsabilizarase da Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa para Asuntos Europeos.

Na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, o PPdeG estará representado por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda Valenzuela, Pilar Rojo Noguera, Jose Manuel Baltar Blanco, Carmen Pardo López, Jose Manuel Balseiro Orol, Susana López Abella, Manuel Ruiz Rivas, Diego Calvo Pouso, Pedro Puy Fraga e Marta Rodríguez Arias.

DEMOCRACIA INTERNA

Ao igual que sucedeu coas designacións dos membros da Mesa do Parlamento, do portavoz e dos portavoces adxuntos do Grupo Popular, o PPdeG fixo uso da democracia interna para elixir aos seus representantes nas diferentes comisións do Parlamento de Galicia. Antes de pechar e facer pública a decisión de hoxe, o Grupo Popular abriu unha rolda de consultas cos 38 deputados, que tiveron ocasión de expresar as súas preferencias no referido á composición das comisións parlamentarias.