12 junio 2009

Para el PP es indignante cómo el Bloque tiene abandonada la Galescola de O Porriño

VIGO/PONTEVEDRA (morrazo-tribuna) .-O Partido Popular de O Porriño amósase indigando ante a situación na que se atopan as instalacións da actual galescola, antiga gardería municipal. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ordenou no día de hoxe o seu peche despois das múltiples imputacións por parte do grupo popular que denunciou “o lamentable e vergonzoso estado no que o goberno local, e a propia dirección do centro, mantén a galescola”, explica Manuel Carrera presidente do PP local.

O Partido Popular de O Porriño amósase indigando ante a situación na que se atopan as instalacións da actual galescola, antiga gardería municipal. O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ordenou no día de hoxe o seu peche despois das múltiples imputacións por parte do grupo popular que denunciou “o lamentable e vergonzoso estado no que o goberno local, e a propia dirección do centro, mantén a galescola”, explica Manuel Carrera presidente do PP local.
É competencia do Concello o mantemento do centro, un labor que non realiza dende fai máis dun ano. “Cando o pasado ano se falou de pasar a gardería municipal a galescola mentíronnos, a todos os grupos políticos e ós veciños, dicindo que sería o Consorcio quen arranxaría as deficiencias da galescola, algo que nunca chegou a facer”, sinala Carrera. O Concello de O Porriño recibiu do Consorcio dous requerimentos, o último fai unha semana, cun informe detallado de todo o que debía subsanar, “unha obligación á que fixo caso omiso, un exemplo máis de pasotismo e deixadez deste goberno nacionalista que xa está agotado”, subliña o voceiro popular.

Grandes deficiencias que atentan contra a vida dos máis cativos
O Partido Popular xa viña denunciando a situación dende hai máis dun ano. Onte foron os propios pais os que, cansados e indignados, convocaron ás diferentes forzas políticas municipais a unha xuntaza á que acudiu tamén unha representante do Consorcio para trasladarlle a súa preocupación polo estado do centro prexudicial para os seus fillos.
Cables pelados, pomos rotos e suxetados con cordas, ventás que non pechan ben, buratos no teito, grifos estragados e sen auga quente, deficiencias na calefacción, un parque en lamentables condicións con botellas de cristal rotas, herba sen cortar e lixo esparexido... “un sinfín de desperfectos que atentan contra a saúde dos cativos, poñendo en risco a súa vida”, apunta Carrera.
“O Concello é o único responsable desta situación indignante para todos e a galescola non volverá abrir ata que o goberno local sexa serio e asuma as súas responsabilidades”, conclúe Carrera.