VIGO/PONTEVEDRA (morrazo-tribuna) .- Onte reuníronse no Concello de Mos a Alcaldesa, Nidia Arévalo, a Secretaria Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, Susana López Abella, a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez, dous representantes da directiva de Asodifisi e unha educadora social desta asociación para por solución definitivamente ó problema de financiación que padece.
A Alcaldesa mosense declarou esta mañá que “xa temos unha solución para cubrir as necesidades económicas de Asodifisi durante o presente ano gracias á colaboración da consellería de Familia e Benestar que lle concederá unha subvención, ademais de garantirlle o ANTA (Programa de Axuda para o Transporte Adaptado); e por parte do Concello, gracias ó convenio que temos asinado coa asociación, recibirá 7.000 euros que lle serán abonados de inmediato para solventar grave problema de liquidez que padece”, asegurou Nidia Arévalo. Ademais a rexedora local especificou que “a subvención do Concello poderana cobrar xa o vindeiro mes de xullo e os cartos da ANTA recibiranos en agosto”.
Para solucionar tamén o problema a longo prazo, segundo informou Arévalo, “a consellería comprometeuse a asinar en setembro do presente 2009 un convenio para o vindeiro ano do que aínda se descoñece a cantidade exacta da aportación económica pero que sabemos que, xunto coa axuda municipal e unha subvención a maiores coa que xa se comprometeu a Deputación Provincial de Pontevedra, cubriranse as necesidades anuais da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi”. Así mesmo a Alcaldesa engadiu que “dende o Concello asumiremos o gasto de adaptar a nova furgoneta concedida a Asodifisi pola Deputación”.
A rexedora municipal asegura que “os respresentantes da asociación saíron contentos e satisfeitos da reunión de onte porque, por fin, o futuro e a continuidade do labor de Asodifisi están garantidos”. Tamén adiantou, xa para concluír, que “vaise intentar negociar coa Comunidade de Montes a posibilidade da cesión dunha parte de terreo para ampliar o centro e poder así homologalo, de xeito que a Xunta pase a asumir os gastos do persoal que alí traballa”.