13 junio 2009

Xunta llama a Patronal y Sindicatos para intentar el lunes un acuerdo en el Metal

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Consellería de Traballo e Benestar ven de convocar ás cinco patronais e aos tres sindicatos presentes na mesa de negociación do metal a unha reunión o próximo luns en Vigo para retomar o diálogo e resolver o convenio colectivo.

Tras múltiples conversas da Consellería de Traballo durante o dia de onte cos axentes sociais e a patronal, non só cos representantes na mesa negociadora, senón a través tamén cos secretarios xerais das forzas sindicais, e cos
presidentes das confederacións de empresarios, tanto a autonómica como a provincial de Pontevedra, ambas partes aceptaron sentarse á mesa o luns, tras un prazo de descanso despois das longas xornadas de consultas desta semana.

A reunión contará de novo coa presencia do presidente do Consello de Relacións Laborais, Demetrio Fernández, e co xefe de Inspección de Galicia, José María Casas de Ron, nun encontro no que o obxectivo é alcanzar un acordo “necesario e urxente” non só para Vigo, senón para toda Galicia.

Desde a Consellería pídese un novo e “máximo” esforzo para atopar unha solución que beneficie a todos porque no contexto de crise no que estamos non “nos podemos permitir” este tipo de conflitos abertos. Por iso volvemos a convocar unha reunión o próximo luns coa firme proposta de que na propia xornada do luns se acade un acordo. Ese é o obxectivo da Xunta.

Un obxectivo que estivo a punto de conseguirse o pasado xoves e que non foi posible a causa da demanda “extemporánea e desmedida” dalgúns membros da mesa.

Foi posible un achegamento no que atinxe á xornada laboral e na duración do convenio, polo que resta acadar un acordo en materia salarial. Para iso, mediarase o que faga falta como se leva facendo todo o mes.

Ao mesmo tempo úrxese ás partes unha maior vontade para evitar máis perdas en sectores estratéxicos da nosa comunidade, sectores que nestes momentos de crise non poden ver mermada a súa capacidade e competetividade no mercado laboral.