Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O BNG defendeu esta tarde no Pleno a súa emenda á totalidade ao proxecto del ei de financiamento de RTVE pola inexistencia de diálogo cos sectores afectado e porque é un modelo que ofrece dúbidas á hora de garantir a sostebilidade financieira de RTVE.
Jorquera asegurou non entender “as urxencias do Goberno para acometer unha reforma así pois non resposta nen a unha demanda social nen a razóns de interese xeral”. Afirmou que unha reforma desta envergadura debería ser o resultado dun diálogo e unha reflexión serena inscrita nun marco xeral de definición do modelo audiovisual”. Reprochou ao Goberno que opte por reformas parciais, “puntuais e urxentes”.
Dúbidas sobre a sostebilidade financieira de RTVE
O deputado do BNG sinalou que “o cambio de modelo que se propón ofrece dúbidas á hora de garantir a sostebilidade financieira de RTVE, sobre todo se temos en conta os precedentes no que afecta aos centros territoriais, que se viron seriamente recortada a producción propia e as horas de emisión”.
Para o portavoz do BNG non se entende nos límites para poder acceder a determinados paquetes televisivos e “menos a suposta bondade do modelo que se preconiza, evitar a dependencia da publicidade, pois o canon que teñen que satisfacer os operadores privados vai depender tamén da evolución do mercado publicitario”.
Posíbel contaxio ás televisións autonómicas
Ademáis, co cambio de modelo en RTVE “será inevitábel a presión para que as televisións autonómicas fagan o mesmo”. Porén, indicou, “as televisións autonómicas non serían viábeis se se prescinde da súa participación na tarta publicitaria”.
Necesidade de potenciar os centros territoriais
Jorquera sublióu que o BNG aposta por unha televisión pública de calidade e que cumpra coa súa finalidade de servizo público. “Unha televisión pública debe reflexar a pluralidade territorial, cultural e lingüística, o que requere unha potenciación dos centros territoriais, das horas de emisión en desconexión e da programación nas distintas linguas cooficiais, obxectivos ausentes neste proxecto de lei”.
Esta lei foi concebida sen o consenso necesario para un tema de tanta trascendencia. O certo é que é unha lei contra a que se manifestaron os anunciantes, as operadoras e distribuidoras, incluso a Comisión do Mercado das Telecomunicacións e os traballadores e directivos de RTVE, o que pón de manifesto a inexistencia de diálogo cos directamente afectados”.