15 julio 2009

Area Metropolitana : Olveira descubre sus cartas y exige que recursos de Deputación pasen al futuro organismo

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Consenso, definir o marco competencial e establecer claramente o financiamento son as cuestións básicas para o BNG diante do anuncio por parte da Xunta de iniciar a elaboración da Lei de Área Metropolitana de Vigo. Tras unha xuntanza mantiva hoxe polos alcaldes, tenentes de alcaldes, voceiros municipais e deputados nacionalistas, Santi Domínguez explicou que o BNG “aposta decididamente” pola Área Metropolitana, pero quere que o Partido Popular non faga deste debate “un paripé”.

O tenente de alcalde vigués sinalou que para os nacionalistas o proxecto de Área Metropolitana forma parte do modelo de vertebración do país, no que as comarcas e as áreas metropolitanas son pezas fundamentais. Lembrou que o proxecto naceu liderado polo entón alcalde Lois Pérez Castrillo e estivo presidido sempre polo consenso. A este respecto, Santi Domínguez dixo que “queremos mandarlle unha mensaxe clara ao Partido Popular: o consenso é fundamental para sacala adiante. Así é como sempre traballou o BNG é o que imos a esixir”.

Sen embargo, entende que “mal empeza o PP” a traballar sobre a Área Metropolitana. Os representantes do BNG na xuntanza criticaron que a comunicación da intención da nova Xunta de elaborar esta lei se fixera a través dun fax enviado aos alcaldes e que acto seguido o deputado e concelleiro Ignacio López-Chaves ofrecera unha rolda de prensa co único obxectivo de criticar as outras forzas políticas. “Así non se fan as cousas. As forzas políticas serias o que fan é sentarse ao redor dunha mesa ao máis alto nivel e consensuar as cousas”, sinalou Santi Domínguez. Asemande, advertiu que López-Chaves non é considerado polo BNG como un interlocutor válido.
Ademáis do consenso, o BNG defende a necesidade de que exista “un marco competencial claro e definido”, porque segundo dixo o tenente de alcalde non se trata de administracións. “O Partido Popular terá que dicirnos que quere facer coa Deputación, ou se o que realmente pretende é facer só un paripé. Nós non imos a aceptar unha Área Metropolitana vacái de contido. Non se trata de crear un novo chiringuito. Cremos que parte dos recursos da Deputación deberán pasar a Área Metropolitana”, adiantou.

Segundo explicou Santi Domínguez, nos vindeiros meses o BNG rematará a elaboración da proposta que defenderá a respecto da Lei de Área Metropolitana. Estima que estará rematado en setembro ou outubre e será a base sobre a que os nacionalistas debatirán sobre a futura Área Metropolitana.

Pola súa parte, o deputado Henrique Viéitez amosou ás dúbidas que o BNG ten sobre o obxectivo que realmente persigue o PP coa Área Metropolitana. Considera que pode ser unicamente “un enredo electoral” para tratar de modificar a correlación de forzas nas vindeiras eleccións municipais nos diferentes concellos. Lembrou que o Partido Popular xa se ten comprometido en dúas ocasións anteriormente coa Área Metropolitana e nunca cumpriu. “Nós non queremos que se repitan situacións que xa vivimos no pasado”, afirmou.