PONTEAREAS (MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación de Pontevedra abreu hoxe un prazo de 26 días naturais para que as empresas interesadas na obra de Rehabilitación do Auditorio de Ponteareas, por un importe de 1,3 millóns de euros, poidan presentar ofertas á realización do traballo.
A execución da citada obra tén un presuposto de 1.344.186 euros, máis 215.069 de Iva, e un prazo de execución de 22 meses.
Na adxudicación do contrato, a Deputación terá en conta criterios como a memoria constructiva, melloras na calidade e de seguridade e saúde, tecnoloxía e I+D+i, programas de actuacións medioambientais, reducción do prezo e do prazo de execución e o plan de control de calidade da obra, entre outros. Poderán optar á obra as empresas do Grupo C, subgrupo 6, categoría D. A apertura de ofertas terá lugar o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.
A Deputación xa acondicionou a Praza do Auditorio de Ponteareas, traballo que tivo un coste de 71.921 euros e foi executado por Construcciones Eiriña.