14 julio 2009

Feijóo manifiesta su apoyo a la Innovación y recuperación de talentos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe o firme apoio da Xunta a todas as iniciativas que aposten pola innovación e que sirvan para recuperar talentos. Así o sinalou o titular do Goberno galego durante a presentación do proxecto empresarial de IBM en Galicia, o Centro de Innovación Tecnolóxica en Ourense, que dixo, supón “un paso moi importante” nesta dirección.

Na súa intervención, o mandatario autonómico trasladoulle á empresa IBM, así como a Insa e Caixanova o seu agradecemento por facer desta comunidade referencia da innovación e un enclave atractivo para novos investimentos de alto valor engadido e para o fomento do talento ao servizo do noso tecido industrial.

Nesta liña, incidiu en que a Xunta é consciente de que un país de futuro é aquel que aposta pola innovación e tamén entende que só o traballo conxunto do sector público e privado pode “dar oportunidades”.

O presidente galego considerou que o impacto do Centro de Innovación Tecnolóxica é “innegable”, xa non só pola súa capacidade para xerar emprego e riqueza, senón tamén pola súa importancia para impulsar o sector galego das novas tecnoloxías e a competitividade das empresas.

“Non en van –agregou-, este Centro de Innovación é un proxecto de vangarda e, sobre todo, unha grande oportunidade para que Ourense e, polo tanto, toda Galicia, se sitúe á cabeza da innovación tecnolóxica e empresarial e no liderado das novas tecnoloxías”. Neste sentido, remarcou que o Centro supón “un espaldarazo a unha provincia que necesita máis que outras da confianza das grandes empresas”.