13 julio 2009

Habrá hierba artificial en el campo de fútbol de A Lama con el apoyo de Deputación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou hoxe a dotación de céspede artificial de última xeración ó campo de fútbol de Racelo (A Lama). Así se comprometeu hoxe co alcalde de A Lama, Jorge Canda, co que mantivo unha xuntanza de traballo no Pazo Provincial.
Por outra banda, Louzán tamén se comprometeu a mellorar o asfalto e limpar as cunetas da estrada A Lama-Gende. Estes traballos realizaranse pasado o mes de agosto por parte do parque de maquinaria da institución.
Finalmente, Jorge Canda solicitou a colaboración da Deputación na adquisición dunha estatua en homenaxe á emigración xa que a que estaba instalada que era de bronce foi roubada”. O titular da Deputación comprometeuse a colaborar con esta iniciativa e anunciou que a Escola de Canteiros modelará outro monumento en pedra.