07 julio 2009

La Xunta está satisfecha con ciertas dádivas del Gobierno central

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, amosouse hoxe satisfeito do resultado da XI Conferencia Sectorial de Cultura celebrada en Melilla polo mantemento dos criterios de reparto do fondo de axudas para o fomento do uso das linguas cooficiais distintas ao castelán no sector da produción audiovisual. Na reunión sectorial presidida pola ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, confirmouse, ante a solicitude dalgunha comunidade autónoma de valorar outros criterios de reparto como os de poboación, que se manterán os termos actuais de distribución das axudas para a produción, distribución e promoción audiovisual nas linguas cooficiais distintas ao castelán.

A delegación da Consellería de Cultura e Turismo, que hoxe propuxo que a Conferencia Sectorial do segundo semestre de 2010 se celebre en Santiago de Compostela con motivo do Ano Xacobeo, ratificou asemade que hai uns días quedou asinado o convenio co Ministerio de Cultura polo que o sector audiovisual recibirá 2.019.687 euros no reparto realizado polo ICAA do fondo correspondente ao 2008. A previsión é que o criterio de reparto se manteña para o ano 2010, e se renove anualmente a partir dos orzamentos xerais do Estado sen que, polo momento, cambien os criterios de distribución en anos sucesivos.

Doutra banda, o Ministerio de Cultura deu a coñecer un plan de axudas para inversións en infraestruturas culturais que serán xestionadas polas Comunidades Autónomas cuxo prazo estará aberto durante o mes de xullo. O plan está dotado con 3 millóns de euros podendo acadar cuantías máximas de 50.000 euros