13 julio 2009

Pérez Esquivel recibe la insignia de oro de la Deputación de Pontevedra


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu hoxe a Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz do ano 1980. Na xuntanza Pérez Esquivel solicitou a colaboración da Deputación nun proxecto denominado “Aldea de Jóvenes para la Paz”, que ten por obxecto a creación de talleres para fomentar a integración, formación e capacitación de xóvenes de Arxentina e dos seus arredores con dificultades.
Segundo informou Esquivel “actualmente trabajamos en dos aldeas de mozos donde damos capacitacion laboral a los jóvenes en estado de riesgo”. O premio Nobel da Paz explicou que “tenemos actualmente una población de 300 jóvenes en centros educativos con los que desarrollamos un trabajo permanente; también trabajamos con familias muy pobres para ver como pueden elevar sus condiciones de Vida”. Neste senso, Esquivel tamén solicitou voluntarios de mozos de Galicia, “jóvenes que se quieran integrar en alguno de nuestros proyectos”.
As necesidades máis urxentes para facilitar o funcionamento e a eficacia destas aldeas de jóvenes son a dotación de transporte dada a ubicación dos centros en zonas semirurais; o acceso a alimentos para as producións de animais; e a dotación de servizos de telefonía, gas e enerxía eléctrica.
Parque da Memoria
Por outra banda, Louzán e Esquivel abordaron a situación actual do proxecto no que colabora a Escola de Canteiros. Trátase dunha iniciativa do Premio Nóbel da Paz, de crear un monumento dedicado á paz e á memoria.
As tallas están xa instaladas pero faltan pequenos detalles para o seu remate. O conxunto, segundo explicou Esquivel, terá como base a Rosa dos Ventos que é a rosa dos navegantes orientada cara América onde ían os emigrantes. Segundo informou Esquivel este parque será inaugurado na vindeira primavera.

O Premio Nobel asinou no libro de honra da Deputación, onde ademais dunhas palabras, realizou o primeiro debuxo de todas as personalidades que visitaron o Pazo Provincial e deixaron a súa rúbrica. Tamén recibiu a insignia de ouro da Deputación de mans do presidente, Rafael Louzán.
Adolfo Pérez Esquivel é natural de Bos Aires (Arxentina), onde naceu o 26 de novembro de 1931. O Nobel ten ascendencia galega, xa que o seu pai naceu en Combarro. Esquivel é un escultor, arquitecto e pacifista arxentino que en 1980 recibiu o Premio Nobel da Paz polo seu compromiso coa defensa dos Dereitos Humanos en Iberoamérica.