05 julio 2009

Pilar Farjas anuncia nuevos pasos organizativos para contener mejor el otoño gripal que se prevé...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería de Sanidade vén de elaborar unha Orde mediante a que se crea o Comité Científico do Plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe. O departamento que dirixe Pilar Farjas Abadía considera que, na procura de acadar a máxima adaptación dos protocolos e decisións a adoitar, cómpre contar cun grupo de traballo que analice os escenarios epidemiolóxicos e formule directrices para elaborar os protocolos máis efectivos en cada momento.

Este grupo de traballo, que actuará baixo a coordinación da Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade, estará composto por un máximo de dez profesionais de Galicia, con demostrada experiencia en aspectos relacionados coa epidemioloxía, manexo, diagnóstico, tratamento e seguimento de enfermidades transmisibles producidas por virus. A composición terá en conta a diversidade de disciplinas que require a análise e a xestión deste tipo de situacións. O propio comité poderá propoñer e facilitar a incorporación de especialistas cuxa participación no mesmo se considere necesaria.

Entre as funcións do comité están a avaliación do manexo da gripe pandémica; a identificación das actividades prioritarias de control e seguimento da pandemia en Galicia; a realización de recomendacións de actuacións xenéricas derivadas do coñecemento da situación epidemiolóxica; a avaliación do manexo dos enfermos, en colaboración cos profesionais médicos responsables destes e a emisión das recomendacións terapéuticas pertinentes; así como a análise dos recursos necesarios para o correcto desenvolvemento das actividades de control da pandemia.

Carácter evolutivo
O Plan Galego de preparación e resposta á pandemia de gripe ten por obxectivos xerais reducir o impacto da pandemia na saúde da poboación de Galicia e manter nela o funcionamento dos servizos esenciais para a sociedade. Ademais, posibilita tomar medidas que reduzan a difusión de virus de gripe pandémica na nosa Comunidade, persoa a persoa, e garantir que a resposta ás medidas adoptadas en Galicia correspóndense coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Estes obxectivos son unha adaptación á nosa Comunidade Autónoma dos establecidos en toda España.

En consecuencia, no marco deste Plan, Galicia ten que dotarse dos seus propios elementos organizativos e comunicativos, así como fixar unhas actividades que se adapten á fase de evolución na que nos atopamos en cada intre. Isto supón que o Plan establecido polo departamento que dirixe Pilar Farjas Abadía ten un carácter evolutivo, e que se modificará a medida que se desenvolven actividades, sendo o elemento organizativo e coordinador único en Galicia a Comisión Asesora do Plan.