11 julio 2009

Sábado, sabadete... Elena anuncia a Alberto que mañana domingo le envia las cuentas del gran capitán

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta tarde arredor das 19.00 horas a chamada da vicepresidenta segunda e ministra de Economía e Facenda do Goberno central, Elena Salgado, coa que tratou a revisión do modelo de financiamento autonómico.

A conversa entre o presidente galego e a vicepresidenta do Executivo central durou arredor de 30 minutos e nela, Salgado adiantoulle ao titular da Xunta que ao longo do día de mañá lle remitirá o borrador do novo modelo de financiamento autonómico no que traballa o Goberno estatal. Alberto Núñez Feijóo e Elena Salgado acordaron volver a falar despois de que o presidente galego poida analizar o contido deste documento.