Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Na primeira reunión do novo Consello Comarcal, o Responsable Comarcal Francisco Chivite, fixo un repaso dos principais temas que preocupan á organización comarcal do Bloque, e que considerou deben ser obxecto de especial atención na laboura de control ao goberno da Xunta que lle corresponde facer nesta lexislatura ao grupo parlamentario do BNG.
Chivite destacou a necesidade de facer un especial seguimento das actuacións da Xunta para a construcción da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra As Neves na que detectan un preocupante parón despois da chegada do PP ao goberno e advertiu de que “non imos consentir nin un paso atrás na construcción da PLISAN; o decidido impulso que o BNG lle deu á construcción desta infraestrutura debe continuar pois é crucial para o desenvolvento da comarca e do sur de Galiza”.
Outros aspectos relacionados con infraestruturas como o comprometido Parque Empresarial de Ponteareas ou as necesarias actuacións para o saneamento integral do Tea, tamén estiveron sobre a mesa no encontro
A reunión serviu para que o deputado no Parlamento Galego Henrique Vieitez coñecese mais polo miúdo a realidade política dos concellos das comarcas do Condado-Paradanta e A Louriña integrados na estrutura do BNG nesta zona. Tamén definíronse os mecanismos de coordinación permanentes entre o grupo parlamentario do Bloque e os representantes políticos da organización nacionalista na comarca, para elo o grupo do BNG designou ao parlamentario Henrique Vieitez como o encargado de transladar ao Parlamento Galego as inciativas da comarca do Condado.