12 noviembre 2008

Accidentes en Nigrán e Redondela

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 12 accidentes de tráfico e outras 176 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 176 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 327 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 2:28 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de NIGRAN, na rúa Torrente Ballester. Para atender as vítimas, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada e unha ambulancia asistencial co médico de atención primaria, que a pesar dos esforzos na asistencia, J.A.A.B, varón de 20 anos faleceu e S.F.R., muller de 21 anos, logo dunha primeira valoración e asistencia, a ambulancia medicalizada a trasladou politraumatizada a un centro sanitario concertado de Vigo.
-Ás 10:16 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente dun ciclista no concello da A CORUÑA, na Ronda de Outeiro. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a un home de 40, J.L.S.V., cun traumatismo craneoencefálico ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.
-Ás 13:23 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente dun laboral no concello da MUGARDOS, nunha obra, preto ao cemiterio. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a un home cun traumatismo nas costas a un centro sanitario concertado de Ferrol.
-Ás 13:40 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente dun laboral no concello da REDONDELA, no Camiño da Bruxa. Para atender a vítima que se precipitara dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a un home politraumatizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.