VIGO (MORRAZO-tribuna).- A Secretaría Xeral de Benestar ten en marcha, en colaboración coa Asociación Alborada, un Programa pioneiro de intervención ambulatoria con adolescentes en conflito. Trátase dun programa de prevención que pretende prestar axuda ás familias e aos menores que, polo perfil que presentan, poden beneficiarse dunha intervención ambulatoria, sen necesidade de recibir un tratamento máis esixente como pode ser un centro de día ou un acollemento residencial. A secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, presentou esta mañá os contidos do programa en Vigo, no Centro Alborada.
O obxectivo é realizar un traballo preventivo dende o ámbito da familia, tratando de resolver ou de reducir as condutas problemáticas dos menores. Trabállase coas familias, proporcionándolles as pautas de actuación que deben realizar para mellorar os hábitos relacionais e comunicacións no eido familiar. A finalidade é ofrecer, dentro do ámbito de cada familia, as ferramentas adecuadas para facer fronte aos problemas de conduta dos menores. Preténdese axudar tanto ao menor como á súa familia a encontrar pautas de comunicación máis funcionais, así como reducir na medida do posible a manifestación de condutas agresivas e violentas.
Características
Este programa gratuíto está dirixido aos mozos e mozas de entre 12 e 18 anos, domiciliados maioritariamente na área de Vigo. Trátase de adolescentes con problemas de comportamento no ámbito familiar ou escolar; menores que inician condutas de risco relacionadas co consumo de drogas; adolescentes de 12 a 14 anos remitidos pola Fiscalía de Menores tras ter cometido algún delito; e mozos e mozas desinstitucionalizados que precisan apoios específicos para alcanzar a adecuada autonomía persoal.