PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, está desenvolvendo por terceira vez os Obradoiros de Regueifas, unha actividade dirixida aos escolares de secundaria que ten por obxectivo dar a coñecer entre a xente nova a tradición oral galega. Os obradoiros impártense en centros de ensino de 17 concellos da provincia de Pontevedra, e concluirán en abril cun Certame Escolar de Regueifas.
A delegada provincial de Cultura en Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, asistiu esta mañá ao obradoiro celebrado no IES Torrente Ballester de Pontevedra, un dos 20 centros nos que se amosará aos rapaces e rapazas a arte de regueifar.
Os insitutos participantes nesta ocasión son o IES A Xunqueira (Pontevedra), o IEs Torrente Ballester (Pontevedra), o IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín), o IES Chano Piñeiro (Forcarei), o CPI Julia Becerra albar (Ribadumia), o IES Vilalonga (Sanxenxo), o CPI Aurelio M.Rey García (Cuntis), o IES Marco de Lamballón (Vila de Cruces), o IES Francisco Asorey (Cambados), o IES Valga (Valga), o CPI Santa Lucía (Moraña), o CPI Toural (Vilaboa), o IES A Paralaia (Moaña), o IES Ponte Caldelas (Ponte Caldelas), o IES Illa de Ons (Bueu), o IEs Aquis Celenis (Caldas de Reis), o CPI Alfonso VII (Caldas de Reis), o IES Castro Alobre (Vilagarcía) e o IES Illa de Arousa (Illa de Arousa).
Desafíos en verso
As regueifas son desafíos en verso onde dúas ou máis persoas disputan utilizando a retranca, o humor e moito enxeño e creatividade, procurando manter sempre unha cadencia rítmica nas frases e rimas finais.
Os responsables dos obradoiros teñen unha longa experiencia na práctica e no ensino das regueifas. Luis Caruncho é un intérprete e mestre gaiteiro e zanfonista, cunha sólida formación en música tradicional galega. O Pinto d'Herbón deuse a coñecer a finais dos oitenta ao publicar temas de hip-hop agrario moi próximos ao movemento do rock bravú.