MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- O grupo Migallas actuará na inauguración o domingo ás 12:30 horas, e Títeres Cascanueces na clausura o sábado 15 ás 12:30
A Semana do Libro está dedicada ao mar e conta con actividades dirixidas ao alumnado, o profesorado, os pais e nais e o público xeral
Moaña acolle do 9 ao 18 de novembro a súa Semana do Libro e a Lectura. Durante sete días desenvolveranse no Centro Sociocultural Daniel Castelao (Quintela) numerosas actividades arredor da literatura galega dirixidas ao alumnado, o profesorado, os pais e nais e o público xeral.
A delegada provincial da Consellaría de Cultura en Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, e o alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán, presentaron a programación desta Semana, organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte, coa coordinación da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a colaboración do Concello de Moaña. A Semana do Libro e a Lectura toma como referencia o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, polo que este ano ten como eixo temático o mar. Arredor deste tema desenvolveranse actividades participativas con carácter formativo e lúdico, e nas que os nenos e nenas xogan un papel moi activo.
As actividades inícianse o domingo 9 coa actuación ás 12:30 do grupo Migallas,. Co espectáculo “Canta connosco!”. A partir do luns desenvolveranse actividades para distintos destinatarios. Para o alumnado celebraranse obradoiros de ilustración con Tokio; de lingua con Reverso; de escrita creativa con Lucía Rodríguez; animación á lectura con Antón Cortizas; monicreques con Títeres Cascanueces e con Galitoon; contos e cantigas con Servando Barreiro; pintura pop con Eduardo Hermida; educación ambiental con Terranova e contacontos con Anxo Moure.
A programación para o público xeral inclúe varias sesións de contacontos, todas elas ás 18:30 horas. A primeira será o mércores 12 con Benxamín Míguez, ao que seguirán Trinke Trinke o xoves, Servando Barreiro o venres, Pavís Pavós o luns 17 e Anxo Moure o martes 18. Ademais durante os días que dura a semana poderán visitarse varias exposicións: unha con libros infantís e xuvenís de editoriais galegas; outra de ilustradores e ilustradoras; e unha terceira de materiais elaborados por alumnos e alumnas de Monforte.
Tamén haberá obradoiros dirixidos aos profesores. A Semana do Libro e a Lectura de Moaña terá o acto de clausura o sábado 15 coa actuación ás 12:30 horas de Títeres Cascanueces, que representarán a obra “A rúa das pantasmas”.
Semanas en dez localidades
Moaña é a oitava vila de Galiza que acolle este ano a Semana do Libro e a Lectura, despois de Oleiros, Viveiro, Carballo, Monforte, Tui, Allariz e O Porriño. As seguintes citas serán en Noia (do 23 ao 29 de novembro) e en Barbadás, o(do 18 ao 24 de xaneiro de 2009).