PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asistiu esta mañá, acompañado do deputado provincial, Carlos Silva, a presidenta do Partido Popular de Mos, Nidia Arévalo, e os alcaldes de Cerdedo e Moraña, José Balseiros e José Eiras respectivamente, ás instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe para presentar o proxecto Mobilia, no que a Deputación destinará ó longo deste ano preto de un millón de euros.
Este proxecto, explicou Louzán, “servirá para instruír a persoas en profesións con demanda de traballo real, e presenta un dobre obxectivo: por unha banda, a formación profesional de traballadores nas especialidades de carpintería de madeira e soldadura-carpintería metálica, pola outra, levar a cabo a realización de diverso equipamento ou mobiliario urbano para os concellos da provincia de Pontevedra.
O equipo do proxecto Mobilia está conformado por un xerente, dous monitores; un de carpintería e outro de soldadura-carpintería metálica, e por 24 traballadores, incorporados ó proxecto desde o día 1 de outubro, que se reparten equitativamente en cada módulo.
Estes alumnos recibirán, durante un ano, 480 horas de instrución teórico-práctica, 60 horas de orientación laboral e 30 horas de alfabetización informática. Mensualmente, asistirán a un total de 40 horas teóricas en cada especialidade e o resto serán prácticas e traballo real no taller.
Entre os elementos de mobiliario urbano que realizarán atópanse bancos, papeleiras, farolas, gardacontedores, mesas, valados, paneis informativos, aparcabicicletas, marquesiñas e torres de vixiancia de praia.
A realización e acabado destes elementos variará segundo o destino que vaia ter; así teremos 3 entornos diferenciados: Urbano, onde predominan formigón e asfalto, con terminacións e acabados metálicos; Rural, onde predominan pedra e madeira na paisaxe, con terminacións e acabados combinando madeira e metal; e Natural, en áreas recreativas e sendeiros, con terminacións e acabados fundamentalmente en madeira.
Reparto por concellos
“Somos conscientes de que son sesenta e dous concellos os que conforman a provincia”, salientou o presidente provincial, “e que só son 24 os traballadores que forman parte deste proxecto, por tanto, farán falta moitas horas e moitísimo traballo, e marcar un obxectivo de prioridades para establecer o primeiro reparto entre os concellos, para chegar ós máis posibles”.
“Este é un proxecto 100% da Deputación”, engadiu Louzán, “porque solicitamos en reiteradas ocasións á Xunta de Galicia a posibilidade de poder acollernos a algún obradoiro de emprego e aínda non nos foi concedido. Agora que se vai dar a coñecer a labor destes alumnos, esperamos contar coa colaboración da Xunta”.
Neste senso, concluíu, “estaríamos dispostos, se tiveramos a oportunidade e o permiten as nosas instalacións, a duplicar este equipo que temos agora e acoller algún dos obradoiros da Xunta, con isto reforzaríamos o traballo, e, deste xeito, tamén o volume de mobiliario con que poderíamos dotar ós concellos”.