13 noviembre 2008

LUZ VERDE DO PLENO DO CONGRESO AOS 125 MILLÓNS ADICIONAIS LOGRADOS POLO BNG NOS ORZAMENTOS 2009 PARA GALIZA

MADRID (MORRAZO-tribuna).- O Pleno do Congreso dos Deputados deu luz verde ao dictame dos Orzamentos do Estado 2009 que incorpora os 125 millóns adicionais negociados polo BNG co Goberno para aumentar as partidas destinadas a Galiza.
Coas votacións das emendas aos Orzamentos e coa votación do dictame remata así a tramitación dos orzamentos estatais na Cámara Baixa que, a partir de agora pasan o correspondente trámite no Senado.
A negociación do BNG co Goberno permitiu aumentar en 125 millóns as partidas para Galiza
É preciso lembrar que o BNG acadou un acordo co Goberno o pasado 24 de outubro para respaldar as contas estatais. O acordo que se materializou na presentación dun paquete de emendas conxuntas aos Orzamentos Xerais do Estado, supón o incremento de 125 millóns de euros nos orzamentos destinados a Galiza, e que se traduce na melloras das partidas para as infraestructuras ferroviarias e estradas, para innovación, para cultura, Medio Rural, rexeneración do litoral, e tamén inclúe Consorcios cos concellos.
Este incremento dos investimentos para o territorio galego en 125 millóns se distribúe da seguinte maneira: 45 millóns para as infraestructuras ferroviarias, nomeadamente o AVE, 31,4 millóns para as estradas, 11,8 millóns para actuacións no ámbito cultural, 18 millóns para medio rural, 12 millóns para o medio ambiente, 3 millóns para a sección económica, 800.000 euros para o capítulo de vivenda e 3 millóns para innovación.
Neste sentido, e tal e como salienta o deputado do BNG, Francisco Jorquera, este aumento orzamentario vai atender unha serie de necesidades que non estaban ben cubertas no proxecto inicial de Orzamentos presentado polo Goberno na Cámara. Así, hai que salientar os 20 millóns para o Eixo Atlántico Vigo-Pontevedra, os 15 millóns para o Eixo Ferrol-A Coruña, ou os 6 millóns para o tramo entre Vigo e a fronteira portuguesa.
No eido das estradas, merece mención os 6,8 millóns para un Convenio de colaboración entre o concello de Pontevedra e Fomento para a mellora da Rede de estradas estatais no concello pontevedrés, ou os 6 millóns para a A-54, tramo Lavacolla-Arúa.
En economía, os 3 millóns para o Consorcio Cidade de Santiago de Compostela. En Industria, os 3 millóns para a Fundación para o Fomento da Calidade e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza. En cultura, destacan os 2 millóns para o Convenio coa Xunta para a construcción dun Centro Coreográfico Galego. E en materia medioambiental, os 3 millóns para o Plano Nacional de Calidade de Augas en Galiza, saneamento de Teo