13 noviembre 2008

SALVADOR SÁNCHEZ TERÁN, PRESENTA NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA O SEU LIBRO

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O ex ministro de Transportes da UCD, Salvador Sánchez Terán, presentará este xoves, o libro nun acto que terá lugar ás 20,15 horas na Deputación de Pontevedra. A presentación do ex ministro en sucesivos gobernos de Adolfo Suárez correrá a cargo do vicepresidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, abrirá o acto.
Sánchez Terán recolle no seu libro anécdotas e claves duns anos decisivos da historia recente de España, como foi o paso dunha Dictadura á Democracia, contados por un protagonista de excepción e con información de primeira mán. Un libro que recolle a testimuña de quén viveu en primeira persona acontecementos tan decisivos na sociedade española como o nomeamento de Adolfo Suárez como presidente do goberno, a legalización do Partido Comunista, os atentados de Atocha ou o golpe de Estado do 23-F.
O ex ministro de Transportes manterá na súa intervención no Pazo Provincial un coloquio có público presente no acto.