SALVATERRA DO MIÑO (MORRAZO-tribuna) .- O 10 de novembro de 1878 chega por primeira vez o tren a Salvaterra de Miño. O BNG para conmemorar os 130 anos da chegada do tren a Salvaterra organizará o vindeiro sábado 15 de novembro un acto no que contaremos entre outras actividades cunha exposición con obxectos e paneis donde se explica de forma cronolóxica, a evolución do ferrocarril en Salvaterra e en Galiza.
Para o portavoz do BNG, Gabriel Martínez, con esta exposición quérese dar a coñecer a importancia que tivo a chegada do tren a Salvaterra e a comarca do condado e aproveitar para reclamar a posta en marcha dun servizo de cercanias que una as principais vilas da Área Metrolitana de Vigo.
O BNG lembra que na comarca existe unha red ferroviaria que está infrautilizada e é o momento de apostar novamente polo tren e levar a cabo a contrución da saida Sur de Vigo para poder comunicar a Plataforma Loxistica da Plisan con Vigo e Ourense.
"Galiza tivo que esperar 30 anos con respecto ao resto do estado para contar coa chegada da primeira línea de ferrocarril. En Galiza sempre estamos a cola das infraestruturas cando outros lugares do Estado e de Europa xa contan con tren de cercanias e rede ferroviaria propia", lembra Martínez. O BNG aposta polo ferrocarril como medio de transporte económico, de futuro e sostíbel.