10 noviembre 2008

O BNG insiste na retirada
de tropas de Afganistán

MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, solicitou este mediodía a comparecencia urxente da Ministra de Defensa, Carme Chacón, para que explique a posición do Goberno respecto a unha retirada escalonada das tropas españolas desprazadas en Afganistán.
Jorquera tamén demanda que a titular de Defensa informe sobre a situación dos militares españois destinados no pais afgano e do atentado perpretado onte no que morreron dous soldados, o cabo vigués Rubén Alonso Ríos, e o brigada asturiano Juan Andrés Suárez.
É coñecida a posición do BNG que sempre pediu a retirada das tropas españolas de Afganistán en cada debate acontecido no Congreso dos Deputados.