08 noviembre 2008

O PP de Salceda condena a suba
de impostos municipais


SALCEDA DE CASELAS (MORRAZO-tribuna).- O incremento das taxas aprobouse no último pleno ordinario : o Partido Popular de Salceda de Caselas critica a suba de impostos que foi aprobada no pleno ordinario da Corporación Municipal celebrado o pasado venres, 31 de Outubro. A presidenta dos populares salcedenses, Enma Pereira, e o vicepresidente, Santiago Rodríguez, calificaron hoxe mediante un comunicado de "irresponsable" este incremento das taxas municipais "tendo en conta a situación de crise pola que están a pasar as familias españolas en xeral e as de Salceda en particular".
Concretamente subríronse un 4,5%, o correspondente ó I.P.C. interanual calculado dende Setembro de 2007 ata o mesmo mes deste ano, as taxas correspondentes ó saneamento, á recollida de lixo, á colocación de vados e á instalación de andamios e contedores de obra na rúa entre outros. Para evitar este ascenso nos pagos de impostos que perxudicarán á economía dos veciños do municipio, o PP propuxo no mencionado pleno ordinario que "o máis conveniente sería que se conxelasen os impostos e que unha vez se houbese estabilizado en certa medida a situación financieira, se subise o I.P.C para compesar o implemento que non se cobrara no vindeiro exercicio". "Sen embargo o equipo de goberno local non tivo en conta a nosa recomendación", lamenta Santiago Rodríguez, quen ademais propón adoitar outras medidas para engrosar as arcas municipais en lugar de aumentar as taxas "como por exemplo recortar gastos ordinarios como o que fai habitualmente o coche oficial do alcalde, Marcos Besada, traéndoo e levándoo á súa casa, ubicada en Mos; ou pagándolle ó pregoeiro da festa dos callos, o Padre Casares, 1.800 euros, cando nunca antes se lle pagara a un pregoeiro e, aínda por riba, no seu pregón confundiu Salceda con Salvaterra". Ademais tanto Rodríguez coma Pereira pregúntanse "¿canto costaría a identidade corporativa do Concello, co seu novo logotipo SC, tendo en conta o enorme gasto que pode supor para unha localidade coma Salceda semellante cambio de imaxe?.
En definitiva, os responsables do Grupo Popular local lamentan que "os dirixentes municipais, en lugar de axudar ás familias en crise, o que fan é subirlles os impostos cando se poderían recortar gastos por outro lado".