VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Finca Mouriscade, sita en Lalín, vai recibir da Deputación unha axuda dun máximo de 164.000 euros para o fornezo de diversos tipos de reactivos destinados a probas de laboratorio.
Esta axuda, que se concederá con cargo aos orzamentos provinciais para o exercicio de 2009, permitirá ao laboratorio seguir coa súa liña de análise de produtos destinados á alimentación animal como son: ensilados, pensos y materias primas.
O laboratorio de Mouriscade foi creado en 1990 pola Deputación de Pontevedra. Posteriormente, en 1993, inicia esta liña de análise para poder dar un maior servizo ó sector agrario e gandeiro.