05 marzo 2009

Cita con la Cultura
en el Palacete das Mendoza

A sede de Turismo Rías Baixas acolle mañá a presentación do libro de José Manuel García Iglesias.
O PALACETE DAS MENDOZA ACOLLE UNHA MOSTRA PICTÓRICA DE JOSÉ LORENZO MACÍAS

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Palacete das Mendoza acollerá mañá día 6 de marzo ás 19.00 horas a presentación do libro de José Manuel García Iglesias. A presentación deste libro irá acompañada dunha exposición da obra de Macías, unha pintura incuestionablemente galega nas cores, nos temas e nos xestos dos seus personaxes.

Participarán neste acto o autor, José Manuel García Iglesias, o pintor José Lorenzo Macías, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, e os vicepresidentes Teresa Pedrosa e Xosé Crespo Iglesias.

fai un repaso pola obra do pintor pontevedrés, cunha proxección nacional e internacional avalada por exposicións en institucións e galerías nacionais e internacionais. A publicación inclúe textos críticos da súa pintura, de David Chao Castro, Ramón Rozas Domínguez e Román Padín Otero.

Compre salientar que a través deste traballo pódese contemplar a obra de Macías, unha pintura optimista que retrata con destreza tipos humanos e escenas cotiás da súa Galicia natal como as vendedoras das prazas, as pescantinas ou o espectáculo das feiras, as romarías e bodegóns. Tamén a figura feminina aparece reiteradamente como soporte para o discurso narrativo do seu universo.

A cor é un elemento destacado no seu traballo, cor que se foi modificando ó longo do tempo. Aqueles tons máis apagados e escuros dos seus inicios deron paso a unha pintura máis alegre e festiva, amosando unha paleta chea de vermellos, azuis e amarelos, que evocan unha enorme diversidade de sentimentos.