04 marzo 2009

Paqui Canal ya está
en la Deputación


Francisca Canal Gómez tomaba posesión hoxe como deputada na Deputación Provincial de Pontevedra no Pleno que se celebraba ás 11.00 horas. Deste xeito, Francisca Canal pasa a formar parte do Goberno da Deputación en substitución de Corina Porro que dimitiu para formar parte das listas electorais do Partido Popular nas eleccións autonómicas.

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Francisca Canal é diplomada universitaria en Enfermería e ten un máster en Logopedia. No ano 1986 pasou a ser traballadora da administración autonómica a través de oposición.
Dende entón ten ocupado os cargos de directora da Residencia de maiores de Campolongo en Pontevedra e dunha gardería da Xunta de Galicia. Actualmente, traballa como directora do Centro Sociocomunitario de Redondela, posto ó que tamén accedeu a través de oposición.
No eido político, Francisca Canal é a presidenta do Partido Popular en Redondela dende o congreso local de xuño de 2006 e voceira do grupo municipal. Ademais, no período 2004-2007 formou parte do Goberno da Deputación.
Na súa traxectoria persoal compre sinalar que Francisca Canal naceu en Redondela no ano 1962. Está casada e ten dous fillos.