05 marzo 2009

Posicionamiento del Consello
Municipal da Muller de Vigo

Diante da recente sentencia absolutoria a Jacobo Piñeiro Rial por asasinar con 57 puñaladas a Isaac Pérez Triviño e Julio Anderson Luciano e posteriormente prender lume á casa dos mesmos para eliminar as evidencias.
Preguntámonos, sen encontrarnos fácil resposta, sobre as motivacións dese veredicto. Estas non son outras que a mais cruda homofobia, o odio ao diferente e o desprezo absoluto da vida humana.
O Consello Municipal da Muller de Vigo, quere mostrar a súa repulsa a todo tipo de manifestacións de odio que denigran a vida das persoas pola súa orientación sexual ou identidade de xénero.
Consideramos estes factores gravísimos e pensamos que responden a unha actitude intolerante con a liberdade sexual, na que temos que implicarnos toda a sociedade para garantir que no espazo público o modelo heterosexual deixe de ser monopolio moralizante e excluínte doutros modelos sexuais-afectivos.
Mostramos o noso apoio á concentración, convocada polos colectivos lesbigais de Galiza, que vai ter lugar en Vigo o vindeiro 7 de marzo na Porta do Sol ás 20,00 h.
Vigo, 4 de marzo de 2008
CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE VIGO