Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar dúas iniciativas polas que lle demanda ao Goberno que impulse o consumo de medicamentos xenéricos e non ceda á presión das grandes multinacionais farmacéuticas.
En concreto, o senador do BNG insta ao Goberno a “establecer no ámbito da sanidade pública a obrigatoriedade de prescribir por principio activo e non por marca”, unha medida que se aplicaría “a través da incentivación colectiva acordada cos profesionais, as forzas sociais e a poboación”.
Asemade, Pérez Bouza demándalle ao Goberno que “a Axencia Española do Medicamento aprobe a liberación das patentes caducadas, sen ceder ás presións das multinacionais farmacéuticas para que se dilaten e prorroguen os períodos de monopolio”.
Por último, o senador nacionalista insta ao Goberno a “impulsar campañas de información á poboación para concienciala dos beneficios que supón para a sanidade pública a utilización de medicamentos xenéricos”.
O Estado español sitúase á cola de Europa na utilización de medicamentos xenéricos, o que contribúe a disparar o gasto farmacéutico
O senador do BNG lembra que os medicamentos xenéricos son aqueles fármacos que se venden baixo a denominación do principio activo que incorporan, “sendo bioequivalente á marca orixinal e polo tanto con iguais o maiores garantías para o paciente”. Isto fai que o seu prezo sexa entre un 30 e un 50% máis barato, chegando nalgúns casos até o 90%”.
Sen embargo, no Estado español soamente o 12% dos medicamentos que se receitaron en 2007 –e o 7% en valor- na sanidade pública correspondeu a medicamentos xenéricos, “unha cifra que se sitúa moi lonxe da media europea, que está en torno ao 30-35%; do 41% de Alemaña; o 49% do Reino Unido e moito máis lonxe dos países escandinavos (60%)”.
Este grave déficit na prescrición de medicamentos xenéricos está relacionado co elevado gasto farmacéutico do Estado Español: o 21,7% do gasto sanitario en 2006; mentres que países como Francia, Alemaña ou Finlandia presentan unha proporción de gasto farmacéutico intermedia de entre o 15 e o 17%, e en países como Dinamarca, Noruega ou Suecia a importancia relativa do gasto farmacéutico é sensiblemente menor, con niveis de entre o 8 e o 13%.
No ano 2007 o Estado aforrou 195 millóns de euros cos medicamentos xenéricos, fronte aos 1.000 millóns de Dinamarca ou os 2.000 de Suecia
Neste sentido, o senador do BNG subliña que “a crecente utilización de medicamentos xenéricos permite aforrar miles de millóns de euros ás arcas públicas, sen que se teña producido unha mingua na calidade e garantías dos fármacos”.
Pérez Bouza pon como exemplo que, mentres que a sanidade pública española aforrou 195 millóns de euros no 2007 grazas aos medicamentos xenéricos, “no mesmo ano Dinamarca, con catro veces menos de poboación, aforrou 1.000 millóns; Suecia 2.000 millóns; Alemaña 3.000 millóns e o Reino Unido 6.000 millóns de euros”.
Grandes presións das multinacionais farmacéuticas en contra dos medicamentos xenéricos
Por outra parte, o senador nacionalista demándalle ao Goberno que non ceda ás presións das grandes multinacionais farmacéuticas para que a Administración non libere as patentes que están a piques de caducar tras transcorrer os 20 anos nos que, conforme á lei, os laboratorios comercializaron estes fármacos en réxime de monopolio.
En concreto, hai 27 fármacos, que en conxunto representan arredor do 20% da factura farmacéutica estatal, aos que a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, dependente do Ministerio de Sanidade e Consumo, “debería retirar a exclusividade nos próximos meses”.
“Para o BNG é necesaria unha aposta clara tanto do Goberno Central como das Comunidades Autónomas polos medicamentos xenéricos, xa que só así se pode garantir a viabilidade do sistema sanitario público, mellorando ao mesmo tempo a eficiencia e atención ao paciente”, conclúe Xosé Manuel Pérez Bouza.