18 junio 2009

Conflicto del Metal : la conselleira dice que los sindicatos están dispuestos a llegar a un acuerdo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, cualificou de “positivas” as reunións mantidas esta tarde cos representantes dos tres sindicatos presentes na negociación do convenio do metal.
Segundo destacou Mato todos os portavoces sindicais amosaron a súa predisposición a “a chegar a un acordo.”
Mato, trasladoulles a preocupación do Goberno galego pola enquistamento dun conflito que “non nos podemos permitir” e que está repercutindo nas empresas nun momento moi complexo para o tecido económico de Galicia.
Pola súa banda os representantes sindicais amosaron as súas posturas respecto ao ultimo escollo da negociación, a revisión salarial, asunto que mañá será debatido tamén coa patronal.
A titular de Traballo recibiu en primeiro lugar aos representantes de UGT, posteriormente aos de CIG Metal e, por último, os de CCOO. Mañá, ás 10 horas, recibirá ás cinco patronais: Asime, Atra, Foncalor, Instalectra e Feca.