13 junio 2009

El Bloque exige al Gobierno que deje de tomarnos el pelo con el corte en la A-6

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar no Cámara Baixa na que demanda ao Ministerio de Fomento que adique máis medios materiais e humanos para acelerar as actuacións de retirada das toneladas de terra desprendidas da Serra da Escrita sobre a A-6.

“Como ben sabe o Ministerio se trata de 5 quilómetros de percorrido que obrigan a desviar o tráfico pola N-VI cos conseguintes problemas circulatorios debido á densidade de tráfico”, sinala Jorquera. Quen lembra que o desprendemento de terras produciuse en marzo e desde entón a zona permanece pechada ao tráfico, “os traballos parecen desenvolverse a un ritmo lento que fai prever que non se vai abrir ao tráfico na tempada estival”.

Fomento debería axilizar as actuacións

Para o parlamentar nacionalista “resulta verdadeiramente preocupante o ritmo parsimonioso co que se están a realizar as actuacións de retirada da terra desprendida”. “Dada a trascendencia que esta autovía ten como porta de entrada na Galiza, e sobre todo, dado o inminente inicio das vacacións de verán, sería pertinente que o Ministerio de Fomento axilizase os traballos, aumentase os medios necesarios e imprimise unha maior celeridade ás labores”.

Esa é a razón pola que dirixe a Fomento unha serie de preguntas de control para coñecer que medios materiais e humanos están destinados a estas actuacións, “cre o Ministerio que son suficientes? Cal é o estado actual dos traballos en curso? Por que avanzan tan lentamente estes traballos?”.

Ademáis, quer saber se Fomento vai levar a cabo actuacións para asegurar a ladeira desta serra e cando se prevé a finalización das obras.