13 junio 2009

El PP se frota las
manos en O Porriño

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Partido Popular de O Porriño está amosar un progreso positivo e constante nos últimos procesos electorais. Manuel Carrera, presidente do PP local, expresou en nome de tódolos concelleiros, membros da executiva local do partido e no seu propio, as mostras de agradecemento e apoio de colaboradores, simpatizantes e veciños que fixeron posible esta situación que levou ó grupo popular a acadar a maioría absoluta nas Eleccións Europeas do pasado 7 de xuño.

O Partido Popular rexistrou un 52,46% dos sufraxios, 4.23 puntos máis que nas do 2005, aumentando de 2.818 a 3.504 votos. Deste xeito, os populares quedaron moi por riba do PSOE (32,09%) e do BNG (10,36%), forza que actualmente goberna o municipio e que, pola contra, foi respaldada por tan só 692 votos, unha cifra bastante reducida.

A evolución do Partido Popular de O Porriño é constante e progresiva. O pasado 1 de marzo gañaban tamén as eleccións ao Parlamento Galego e agora “traballarase no camiño ás vindeiras municipais”, sinala Carrera.