13 junio 2009

Mejora del vial Baño-Valga

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra sacou hoxe a contratación a obra de ensanche e mellora da estrada Baño-Valga por un prezo de perto de 600.000 euros e un prazo de execución de vintacatro meses.
As empresas interesadas en presentar ofertas deberán facelo no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra perante un prazo de 26 días naturais a contar dende hoxe. A apertura de ofertas terá lugar o terceiro día hábil despois de rematar o antedito prazo de presentación de ofertas.
Para a adxudicación da obra teránse en conta criterios como a reducción do prezo e do prazo de execución dos traballos previstos; a memoria constructiva e o programa de traballo; as melloras de calidade; a tecnoloxía e I+D+i; o plan de control de calidade da obra; o programa de actuacións medioambientais; e a memoria de seguridade e saúde.