Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-1.000 persoas do movemento veciñal viaxará a Cíes este domingo 14 de xuño. A Federación Veciñal “Eduardo Chao” organiza un ano máis a viaxe ás Cíes con saídas ás 9.00 e 11.00 horas, destinado a todas as familias de Vigo a través das súas 35 Asociacións Veciñais.
Por segundo ano consecutivo a Federación Veciñal “Eduardo Chao” organiza unha xornada de conviencia aberto a todas as familias viguesas as Illas Cíes coa participación dun total de 1.000 persoas de 35 asociacións veciñais da cidade.
Esta iniciativa xorde no ano 2008 logo do éxito da tradicional viaxe para mulleres ás illas Atlánticas organizado pola Vogalía de Muller, que fixo que moitos homes solicitaran a Federación Veciñal a súa intervención para organizar unha viaxe onde tamén eles puideran gozar dunha xornada de convivencia.
Pero aparte desta multitudinaria viaxe familiar, mantense a tradicional “Viaxe das mulleres”, este ano dividido en dúas xornadas de 1.000 prazas cada unha. A primeira xornada levarase a cabo o xoves 25 de xuño, e a segunda, o día seguinte 26 de xuño. A inquedanza das miles de mulleres que participan cada ano desta viaxe fixo que en apenas dúas horas se esgotarán os 2.000 billetes postos a venda, existindo a día de hoxe unha listaxe de espera de 114 persoas.