VIGO (MORRAZO-tribuna) .-Moxenas Musical Galego en Concerto : Este sábado, ás 21:00 horas, a igrexa do Cristo da Vitoria de Vigo (rúa Redondela, en Coia) acollerá o espectáculo de música, canto e baile tradicional de Moxenas Musical Galego, a agrupación que aglutina os grandes valores das escolas e agrupacións das asociacións veciñais da cidade.
Será esta a última ocasión para presenciar un concerto da súa viaxe, por segunda ocasión en catro anos, para representar
á cidade no XXIX Festival Intercéltico de Lorient (Francia), adicado este ano a Galiza, onde se compartirá programa con
artistas da talla de Carlos Núñez e Susana Seivane ou agrupacións tan recoñecidas como Crema de Gaita, Sondeseu, Banda
de Gaitas Airiños de Fene, etc.